Xacobeo Rutas organiza unha nova actividade polo Bierzo o 2 de abril

SarriaXa
Xacobeo Rutas organiza unha nova actividade polo Bierzo o 2 de abril e farán unha ruta de once quilómetros
Xacobeo rutas 2 de abril
21 Mar 2023

O colectivo sarriao Xacobeo Rutas organiza unha nova actividade para o vindeiro 2 de abril.

Nesta, as persoas que quieran participar poderán desfrutar dun percorrido por Zofreral de Cobrana y Rimor, no Bierzo.

Así, sairán desde Sarria ás 07.00 horas ou desde Lugo ás 07.30 horas para poñer rumbo cara Zofreral de Cobrana, onde percorrerán a ruta de once quilómetros e de dificultade media-baixa.

Alí, poderán ver as árbores perennes da provincia de León e coñecerán masas boscosas de alcornoques.

Tamén irán ata o mirador e Santuario da Virxe da Peña.

Xa pola tarde, visitarán Rimor e o Jerte do Bierzo, para pasear polo Paseo da Floración dos Cereixos e coñecer a vila do Bierzo.

As persoas que queiran apuntarse poderán facelo ata o 30 de marzo e terán que pagar 43 euros se non son socios, e 40 euros se o son; incluíndo desprazamento, comida e seguros.

Xacobeo rutas 2 de abril
0.090885162353516