A Asociación de Veciños de Cedrón organiza un curso sobre técnicas caseiras de conservación de alimentos

SarriaXa
A actividade celebrarase os días 20 e 21 de xuño en Sobreriba e abordará diferentes métodos tradicionais para conservar alimentos de forma natural, económica e segura
Casa-Niño-PapoRubio-Láncara
2 Jun 2026

A Asociación de Veciños de Cedrón, no municipio de Láncara, promove un curso de técnicas caseiras de conservación de alimentos que terá lugar os días 20 e 21 de xuño na Casa Niño PapoRubio.

A iniciativa, de carácter gratuíto, busca achegar aos participantes coñecementos prácticos para conservar alimentos de maneira natural, económica e segura, recuperando técnicas tradicionais que permiten prolongar a vida útil dos produtos e reducir o desperdicio alimentario.

Durante as dúas xornadas, que se desenvolverán en horario de 10.00 a 14.00 horas, abordaranse diferentes métodos de conservación. Entre os contidos previstos figuran a elaboración de conservas en tarro, marmeladas e confeituras, encurtidos e fermentados, técnicas de secado e deshidratación, así como os principios dunha correcta conxelación dos alimentos.

A actividade está aberta á participación de todas as persoas interesadas e as inscricións poden realizarse a través do teléfono 605 318 635, contactando con Sandra.

O curso conta coa colaboración do Concello de Láncara, da Deputación de Lugo e doutras entidades vinculadas ao desenvolvemento e promoción do medio rural, e pretende fomentar hábitos sostibles e o aproveitamento dos recursos alimentarios a través da formación práctica.

0.11361289024353