A eclipse total de Sol poderá seguirse en Triacastela cunha andaina ata un miradoiro o 12 de agosto

SarriaXa
A actividade organizada por Tira Ca Estela incluirá reparto de lentes especiais, petiscos e unha observación colectiva do fenómeno astronómico
eclipse-total-de-sol-recurso
11 Aug 2026

A eclipse total de Sol deste mércores, 12 de agosto, poderá contemplarse en Triacastela a través dunha andaina organizada pola Asociación Tira Ca Estela, unha proposta que permitirá aos participantes seguir este fenómeno astronómico desde un miradoiro situado nun entorno natural da localidade.

A actividade dará comezo ás 18.00 horas na Praza do Concello de Triacastela, desde onde partirá o percorrido ata o punto de observación elixido para contemplar a eclipse. A iniciativa busca combinar natureza, convivencia e divulgación arredor dun dos acontecementos astronómicos máis destacados do ano.

Os asistentes recibirán lentes especiais para observar o fenómeno con seguridade, ata esgotar existencias. Ademais, a organización ofrecerá petiscos para todas as persoas participantes e a primeira consumición será gratuíta.

A participación será de balde para as persoas socias da asociación, mentres que os non socios deberán aboar unha cota de 3 euros.

Desde Tira Ca Estela animan á veciñanza e aos visitantes a sumarse a esta iniciativa e lembran que é preciso realizar inscrición previa para poder participar.

0.14718794822693