Crearte promove un obradoiro de pilates para embarazadas e nais en posparto con bebés

SarriaXa
A actividade gratuíta celebrarase o 11 de xullo ás 11.00 horas e combinará exercicios adaptados con pautas para realizar rutinas na casa
ioga-Sara-Borrego-Crearte-Sarria
30 Jun 2026

A Asociación Cultural Crearte organizará unha nova actividade destinada ao benestar físico e ao acompañamento durante a maternidade coa celebración dun obradoiro de pilates dirixido a embarazadas e nais en período de posparto.

A sesión desenvolverase o vindeiro 11 de xullo ás 11.00 horas e estará guiada por Sara Borrego, quen facilitará unha aula adaptada para que as participantes poidan compartir a experiencia xunto aos seus bebés mediante o uso de sistemas de porteo. A proposta busca favorecer a práctica de actividade física mantendo tamén o vínculo entre nais e fillos durante esta etapa.

A actividade terá unha duración aproximada dunha hora e incluirá diferentes exercicios pensados para poder incorporarse posteriormente ás rutinas cotiás na casa sen necesidade de empregar material específico.

O obradoiro será totalmente gratuíto, aínda que as persoas participantes deberán acudir cunha esterilla e tamén co correspondente sistema de porteo para o desenvolvemento da sesión.

0.11484408378601