O Incio acollerá durante xuño un taller de diafreo centrado na conexión corpo-mente

SarriaXa
A actividade, de carácter holístico e aberta ao público, desenvolverase todos os sábados no mercado gandeiro da Cruz do Incio
Imaxe recurso de ioga
4 Jun 2026

O vindeiro sábado, 6 de xuño, dará comezo un taller de diafreo no local social do mercado gandeiro da Cruz do Incio, no municipio de O Incio, unha proposta que se repetirá todos os sábados do mes de xuño en horario de 18:00 a 20:00 horas.

Trátase dunha actividade aberta a todas as persoas interesadas, cun custo de 5 euros por sesión, destinado a cubrir parte dos gastos de desprazamento da docente. O obradoiro será impartido por Trinidad da Portaxe, profesional con ampla traxectoria no ámbito das terapias corporais e actividades de enfoque integrativo.

O diafreo preséntase como unha disciplina holística que busca favorecer a conexión entre corpo e mente, contribuíndo á mellora do benestar e da calidade de vida das persoas participantes. A actividade pode realizarse tanto de forma individual como colectiva, adaptándose ás necesidades do grupo.

Desde a organización destacan o carácter accesible e participativo desta proposta, pensada para achegar ferramentas de autocoñecemento e benestar persoal á veciñanza da contorna.

0.12351584434509