Novas de Triacastela
A Furgoteca chega a Triacastela co 'Libro de experimentos abracadabrantes' de Hugo Comas
O alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila gozará dunha actividade científica e literaria aberta a todo o público
A ANPA do CEIP de Triacastela organiza unha charla sobre prevención de conflitos e habilidades persoais
A sesión, impartida por Pilar Porral, celebrarase dentro do programa de igualdade subvencionado pola Xunta e o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero
O Samaín de Pasantes contará con cea e a actuación do co Dúo Marineda
Haberá festa infantil con inchable e merenda, un magosto con pinchos e doces e baile co Dúo Marineda
Lugo acolle a estrea de 'O camiño de Cova Eirós', un documental de Xose González Varela
Rodado durante dez anos en Triacastela, o filme ofrece unha mirada íntima e inédita á arqueoloxía galega e presentarase nos cines Códex
O Concello de Triacastela cortará temporalmente a rúa Santiago por motivos de seguridade
O Servizo de Protección Civil autorizou o peche da vía durante a mañá do luns 27para facilitar unha mudanza cun camión de grandes dimensións
Triacastela acolle un curso de primeiros auxilios para promover a prevención e a resposta en emerxencias
A formación, organizada no Local Social Fonte do Lunar, celebrarase o 9 de outubro en horario de tarde
Triacastela destina 56.000 euros á mellora dos accesos á ermida de San Mamede
O Concello licita unhas obras que inclúen limpeza de cunetas, podas e reparación do firme no límite con Samos
Os alcaldes cántabros da Fundación Camino Lebaniego visitan concellos do Camiño Francés
Os representantes da Fundación Camino Lebaniego visitaron Triacastela, Pedrafita e Samos, onde se avaliaron as estratexias para promocionar a produción agroalimentaria con selo de calidade
Quince concellos da provincia reciben unha achega para realizar auditorías e obras nas redes de auga
As entidades locais beneficiarias son Barreiros, Begonte, Xermade, Guitiriz, Rábade, Friol, Guntín, Castroverde, Monterroso, Abadín, Paradela, Triacastela, O Saviñao, Chantada e Burela
A Ciencieneta chega a Triacastela con obradoiros, música e espectáculos científicos
A actividade, de carácter totalmente gratuíto, terá lugar a partir das 15:30 horas no polideportivo do CEIP Eduardo Cela Vila
Triacastela celebra a Festa do Peregrino cunha emotiva xornada de música e tradición
A sexta edición reuniu veciños e camiñantes cunha ruta guiada, degustación gastronómica e concertos nos que destacou a actuación de Luis e Óscar
A Furgoteca volverá a Triacastela en agosto con dúas xornadas de actividades culturais
O servizo da Xunta de Galicia visitará o concello os días 13 e 28 con itinerarios por diversas parroquias e centros educativos
Triacastela organiza en setembro dous campamentos dixitais gratuítos para a mocidade
As actividades, que se desenvolverán no local Fonte do Lunar do 1 ao 5 de setembro, están dirixidas a rapaces de entre 9 e 17 anos
A Mancomunidade do Camiño Francés levará a súa promoción ata Gran Canaria en outubro
A visita incluirá un tramo simbólico da ruta xacobea na illa, como mostra de agradecemento á xuíza Reyes Martel polo seu labor cos menores tutelados
Triacastela e a Asociación Dante Alighieri asinan un protocolo de colaboración
Un encontro institucional e cultural para poñer en valor os vencellos históricos entre Italia e o Camiño de Santiago a través da gastronomía e da colaboración internacional
O PSOE de Triacastela lamenta a marcha de Metal Power por falta de solo industrial
O Goberno local de Triacastela, pola súa parte, di lamentar profundamente a decisión da empresa de abandonar Triacastela
San Cristóbal de Cancelo, en Triacastela, celebrará o 25 de xullo as súas festas
O trío Somos Latinos amenizará a sesión vermú e a verbena mentres a rapazada gozará de inchables e xogos de balde antes dunha cea comunitaria
O CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela estrea un mural no comedor que homenaxea a gastronomía local
A obra, creada por Rubén Paz e financiada pola ANPA, busca reforzar a identidade do alumnado a través dos produtos tradicionais da contorna
Triacastela promove unha ruta guiada para redescubrir a contorna de San Mamede durante as festas
A actividade, gratuíta e aberta ao público, terá lugar o 17 de agosto e percorrerá un tramo circular pola serra do Oribio
Triacastela abre a inscrición para a ludoteca de verán e os cursos de natación en Sarria
Terán prioridade de acceso os nenos escolarizados no colexio de Triacastela, seguidos dos empadroados no Concello
Triacastela une á comunidade escolar nunha carreira solidaria contra a leucemia infantil
O alumnado de Triacastela deseñou o itinerario, elaborou carteis e balizas, e coñeu a temática da leucemia infantil a través da historia de Candela
San Salvador de Toldaos celebra as súas festas na honra ao Corpus Christi
O programa combina gastronomía, música e actos relixiosos
O CEIP Eduardo Cela Vila organiza unha xornada de convivencia solidaria en Triacastela
A xornada reunirá aos colexios de Triacastela, Samos e O Incio nunha cita educativa e solidaria cunha carreira a favor da investigación contra a leucemia infantil
Olga Iglesias, alcaldesa de Triacastela, premiada pola súa defensa do Camiño Francés no 'Foro do Bo Burgo'
Destacaron “o seu esforzo persoal como alcaldesa do rural e as súas iniciativas a prol do Camiño Francés”




