Novas de Triacastela
O PSdeG de Triacastela denuncia trabas no Concello para acceder á documentación do Pleno
Miguel Ángel Fernández López critica que a oposición só puidese consultar os expedientes 24 horas antes da sesión e sinala especialmente a documentación relativa ao peche e liquidación do orzamento municipal
Triacastela acollerá unha nova xornada divulgativa sobre Cova Eirós e a arqueoloxía do Monte Penedo
A cita celebrarase este sábado en Cancelo e incluirá charlas sobre os xacementos arqueolóxicos, a cestería tradicional e a representación dos animais ao longo da historia
As escavacións en Cova Eirós avanzan na procura de novos niveis arqueolóxicos do Paleolítico
A campaña, que se desenvolve ata o 18 de agosto en Triacastela, continúa investigando un dos xacementos prehistóricos máis importantes de Galicia, único pola presenza de arte paleolítica
A eclipse total de Sol poderá seguirse en Triacastela cunha andaina ata un miradoiro o 12 de agosto
A actividade organizada por Tira Ca Estela incluirá reparto de lentes especiais, petiscos e unha observación colectiva do fenómeno astronómico
Santa María do Monte prepárase para celebrar dúas xornadas de festa en Triacastela
A parroquia vivirá os días 14 e 15 de agosto un programa con churrascada popular, actos relixiosos, sesión vermú e actuacións musicais
A Xunta destina máis de 1,12 millóns de euros á promoción do Camiño Francés e á preparación do Xacobeo 2027
O convenio beneficiará a once concellos, entre eles Sarria, Samos, Triacastela, Paradela, Palas de Rei, Portomarín e Monterroso
O CEIP Eduardo Cela Vila renovará dúas aulas para crear espazos educativos máis acolledores e funcionais
O centro aposta por un novo deseño baseado no benestar, a aprendizaxe e os coidados de cara ao próximo curso escolar
A Xunta adxudica por máis de 3,3 millóns de euros a mellora do firme nas estradas LU-633, LU-546 e LU-621
As obras, cun prazo de execución de seis meses, actuarán sobre máis de 63 quilómetros de vías autonómicas ao seu paso por dez concellos lucenses
O investigador Hugo Bal García reconstrúe o clima en que viviron os últimos neandertais de Galicia
A investigación da USC na Cova Eirós de Triacastela conclúe que a zona mantivo condicións ambientais estables durante a Idade do Xeo, con temperaturas máis baixas ca as actuais pero abundantes precipitacións
A Furgoteca volverá percorrer Triacastela o 14 e o 28 de xullo con novas paradas nas parroquias e no casco urbano
O servizo de bibliotecas móbiles da Xunta achegará préstamos de libros e outros recursos culturais a distintos núcleos do municipio
Triacastela acolle este domingo unha demostración de maquinaria forestal en monte
A actividade terá lugar o 28 de xuño ás 12:00 horas nas inmediacións do centro médico e incluirá equipos para desbroce e traballos forestais
Olga Iglesias Fontal, alcaldesa de Triacastela: “Queremos atraer novos veciños e asentar poboación”
A rexedora pon en valor o traballo desenvolvido e marca tres cuestións pendentes nas que traballar na próxima lexislatura
San Salvador de Toldaos celebrará as súas festas os días 5 e 6 de xuño de 2026 con música, pancetada e verbena
A parroquia de Triacastela homenaxeará o Corpus Christi cun programa festivo que contará coa Charanga Los Támega, o dúo La Ola e o Grupo Alba
A rede viaria autonómica de Lugo afronta novas obras de mellora do pavimento
O investimento supera os 3,6 millóns de euros e permitirá mellorar o firme e a seguridade viaria en vías que atravesan dez concellos lucenses
Inauguran no Cebreiro un espazo de promoción de produtos e servizos locais para peregrinos
O director de Turismo presentou a iniciativa do proxecto europeo Ultreia_Sudoe da que o Xacobeo é un dos socios beneficiarios xunto con territorios de Portugal e Francia
A Furgoteca fará parada en Triacastela en dúas xornadas no mes de maio
O servizo de bibliotecas móbiles da Xunta achegará actividades e préstamo de libros a diferentes núcleos do municipio os días 13 e 28
Triacastela acolle unha proposta teatral reivindicativa baseada en relatos sobre violencia de xénero
A Igrexa de Triacastela será o escenario de ‘Un futuro diferente é posible’ o domingo 17 de maio ás 19.00 horas
Eventos
A actividade ‘Envellecer con enerxía’ de Afalu Alzheimer impartirase o 28 de maio en Triacastela
A iniciativa abordará o envellecemento activo no local social Fonte do Lunar ás 17:00 horas
Triacastela acolleu unha xornada técnica sobre o control da rata toupa na montaña de Lugo
A Consellería do Medio Rural organizou no CEIP Eduardo Cela Vila unha sesión informativa coa presenza de representantes autonómicos e municipais
Os nenos e nenas de Triacastela despediron o segundo trimestre cunha xornada especial
Entre poemas, ríos e parques, os alumnos compartiron momentos e experiencias únicas no entorno rural
A alcaldesa de Triacastela visita o CEIP Eduardo Cela Vila e participa nun programa de radio
Olga conversou cos nenos e nenas durante unha entrevista e animounos a seguir os seus soños con paixón e esforzo
Unha xornada en Triacastela abordará o control da rata toupa na montaña de Lugo
Especialistas e investigadores analizarán estratexias e experiencias sobre esta problemática o 10 de abril
Estefanía Padullés pinta un mural de gran formato no CEIP San Miguel de Paradela
A ilustradora representou a protagonista do seu libro 'A egua de Breogán' nunha obra de catro metros de alto por sete de longo, a sétima que realiza no centro
O Vicedo, Quiroga, Vilalba e Triacastela acollerán cursos de Protección Civil
Forman parte da programación da Academia Galega de Seguridade Pública para o primeiro semestre do ano











