Novas de Triacastela
A alcaldesa de Triacastela visita o CEIP Eduardo Cela Vila e participa nun programa de radio
Olga conversou cos nenos e nenas durante unha entrevista e animounos a seguir os seus soños con paixón e esforzo
Cristina Estévez: “O GDR contribúe a que o rural poida decidir o seu propio futuro”
O Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra - Courel engloba trece concellos do sur da provincia de Lugo e ten como obxectivo o desenvolvemento sostible, promover o patrimonio e o xeoturismo
A IV Ruta Triacastela reuniu 246 motos en case 100 km de percorrido off-road
Os participantes percorreron os montes de Triacastela, Samos, O Courel e Pedrafita do Cebreiro, con probas de habilidade e remate con cea e música
Sara Ruiz continúa dando pasos na súa investigación sobre a rata toupa
O seu estudo 'Late prenatal development of the olfactory and vomeronasal systems in a wild rodent: The fossorial water vole', vén de ser publicado nunha revista científica internacional
Este venres comeza a IV Ruta Triacastela, que percorrerá Samos, O Incio e Pedrafita
A cita reunirá afeccionados ao motor nun percorrido off-road de case cen quilómetros por varios concellos da comarca
A Furgoteca regresa a Triacastela con paradas en varias parroquias
A biblioteca móbil da Xunta percorrerá diferentes núcleos do municipio e volverá a finais de mes cun servizo continuo entre as 11:00 e as 15:30 horas
Hugo Bal presenta unha tese sobre a fauna do Pleistoceno Superior nas Serras Orientais de Galicia
A investigación analiza máis de 14.000 restos faunísticos de tres xacementos das serras orientais e reconstrúe 40.000 anos de ocupación humana
A Mancomunidade do Camiño Francés presenta a guía gastronómica 'Saborea o Camiño Francés'
A iniciativa aposta polos produtos locais e de calidade dos once concellos desta ruta xacobea
A ITV agrícola desprazarase a Triacastela do 17 ao 20 de febreiro
A unidade móbil realizará as inspeccións na explanada da subestación en horario de mañá e tarde, agás o último día que será só pola mañá
Triacastela acolle o terceiro aniversario da Furgoteca cunha xornada aberta á veciñanza
O CEIP Eduardo Cela Vila será o escenario dunha celebración que contará coa actuación de Cé Orquestra Pantasma o 27 de febreiro de 11.30 a 13.30 horas
A Furgoteca duplica o número de persoas usuarias e consolídase como motor cultural no rural galego
O servizo de bibliotecas móbiles da Xunta suma 2.648 carnés activos tras ampliar as súas rutas a novos concellos de Ourense
A Furgoteca achegará a lectura aos núcleos de Triacastela durante o mes de xaneiro
As rutas programadas permitirán o acceso a libros, contos, cómics e outros materiais culturais a persoas de todas as idades
Arusha Espín: “Queremos fomentar e recuperar a unión co pobo de Triacastela”
Arusha Espín, presidenta da nova asociación Tira Ca Estela de Triacastela, defende as posibilidades do municipio e aposta por explotalas
O operativo invernal da Deputación de Lugo está a actuar nas estradas provinciais máis afectadas polas nevadas
As acumulacións de neve chegan ata os 25 centímetros en varios concellos e mobilízanse 16 máquinas quitanieves e 48 operarios para garantir a circulación
O Concello de Samos acometeu traballos de roza e desbroce en Lourido Grande
A actuación permitiu mellorar a limpeza e seguridade da zona, facilitando o mantemento dos espazos públicos
A Deputación despexa a neve das estradas nunha xornada que empeorará pola tarde
O dispositivo despregado pola institución provincial conta esta fin de semana cun total de 16 máquinas, 8 vehículos de apoio e 48 operarios que esta mañá centraron os seus esforzos nos municipios da provincia con cotas máis altas
Triacastela acolle a proposta teatral “Cores do Camiño” dentro do Circuíto de Teatro Profesional da Deputación
A compañía Teatro Satori levará o seu espectáculo ao local Fonte do Lunar o 28 de decembro ás 18.00 horas baixo a dirección de José Campanari
O CEIP Eduardo Cela Vila presenta o seu programa de actividades para o Nadal
O centro organiza obradoiros, saídas e unha festa final coas familias durante o mes de decembro
Representantes do Camiño Francés convidan ao papa León XIV a facer un tramo da ruta no Ano Santo 2027
A delegación entregou ao Pontífice unha vieira de Sargadelos e un bordón xacobeo durante unha audiencia no Vaticano como símbolo da hospitalidade galega
A ANPA do CEIP de Triacastela organiza unha charla sobre prevención de conflitos e habilidades persoais
A sesión, impartida por Pilar Porral, celebrarase dentro do programa de igualdade subvencionado pola Xunta e o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero
Triacastela entrega a Presidencia da Mancomunidade do Camiño Francés a Arzúa
Olga Iglesias deixa o cargo tras a rotación bienal e Begoña Balado, concelleira de Arzúa, asume a dirección mentres Melide ocupará a vicepresidencia
O Samaín de Pasantes contará con cea e a actuación do co Dúo Marineda
Haberá festa infantil con inchable e merenda, un magosto con pinchos e doces e baile co Dúo Marineda
O Concello de Triacastela cortará temporalmente a rúa Santiago por motivos de seguridade
O Servizo de Protección Civil autorizou o peche da vía durante a mañá do luns 27para facilitar unha mudanza cun camión de grandes dimensións
O CEIP de Triacastela celebra o Samaín cun completo programa de actividades
As propostas comezan este luns 27 de outubro cun obradoiro de disfraces de arañas terroríficas e prolongaranse ata o día 30





