Novas de Sarria
Gandeiros e carniceiros solicitan unha auditoría para coñecer o estado do matadoiro comarcal
O sector reclama unha segunda valoración técnica mentres continúa a espera dunha solución para reabrir unhas instalacións consideradas fundamentais para a economía da comarca
Comeza a 13ª edición da campaña ‘60x1000’ da ACES con mil euros para gastar nunha hora
A iniciativa desenvolverase durante todo o mes de xullo e premiará unha persoa participante cun cheque de 1.000 euros para consumir en comercios adheridos
O Sarria Blues no Camiño anuncia aos primeiros artistas e grupos de música da súa V edición
O festival incorpora ao bluesman ceutí residente en Brooklyn e á banda galega Andhrea and the Black Cats, que repetirá presenza tras actuar na primeira edición nun formato itinerante
Crearte promove un obradoiro de pilates para embarazadas e nais en posparto con bebés
A actividade gratuíta celebrarase o 11 de xullo ás 11.00 horas e combinará exercicios adaptados con pautas para realizar rutinas na casa
A veciñanza de Oural denuncia o abandono da rúa Principal e reclama máis limpeza e mantemento
Os residentes aseguran que levan máis dun ano sen servizos de limpeza e critican o estado xeral da zona, incluíndo papeleiras, maleza e problemas na contorna da estación
As piscinas exteriores municipais do Chanto abren este sábado a tempada de verán en Sarria
As instalacións permanecerán abertas do 27 de xuño ao 7 de setembro cun horario diario de 12:00 a 21:00 horas
Trébol e Charleston Big Band animan a noite deste venres no San Xoán de Sarria
A xornada combina pasacalles, música itinerante e verbena, ademais do inicio do torneo de fútbol sala
Últimos días para participar no número 10 da revista Macheta, que levará por título ‘Canto peregrino’
A Asociación Cultural Huhú lembra que o prazo de envío de colaboracións remata o 1 de xullo e anima á participación cunha convocatoria aberta e sen filtros creativos
Los Satélites e París de Noia protagonizan a gran verbena deste mércores nas festas do San Xoán de Sarria
A xornada inclúe pasacalles, misa, concertos e actuacións musicais tras a noite do lume no Campo da Feira
Comeza o San Xoán de Sarria 2026 cunha gran programación de actividades
O pregón do astrofísico Borja Tosar, a pancetada popular, a queimada, o espectáculo de lume e a música de diferentes grupos, como Eoas, marcarán unha xornada inaugural chea de ambiente festivo
O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria reuniu alumnado e familias na súa III Marcha Cicloturista
A actividade percorreu o traxecto entre Sarria e a praia fluvial da Pobra de San Xiao, cunha xornada de convivencia marcada polo deporte e a participación
A ANPA do CEIP de Oural reúne a máis de 200 persoas na súa primeira festa de fin de curso
A xornada de convivencia familiar contou con xogos, inchables e o espectáculo infantil ‘A Ramona pequena vai á Lúa’
A SD Sarriana confirma as continuidades e fichaxes no primeiro equipo na súa estrea en 3ª RFEF
O club aposta pola canteira e pola continuidade de xogadores clave ás ordes de Alberto Mariano
O IES Gregorio Fernández impulsa a terceira edición do Festival de Curtametraxes e a cuarta da revista ‘Arela dun Soño’
O centro educativo consolida dous proxectos que promoven a creatividade do alumnado e incorpora un suplemento especial dedicado ao medio século de historia do instituto
O Festival Internacional de Maxia de Sarria confirma a Shiro Mentalista como novo artista da súa XXI edición
O campión de España de mentalismo e premiado en Got Talent súmase a un cartel que se celebrará do 20 ao 23 de agosto e que xa conta con Joaquín Matas e Marina Puigbert
Gussy, de Sarria, acada en Sevilla unha medalla de bronce na Liga Nacional de equipos de billar pool
O sarriao forma parte do equipo da Academia Poolroom de Lugo e acadou a categoría Master para a próxima tempada
O DHU Vila de Sarria regresará os días 11 e 12 de xullo cunha nova edición do descenso urbano
A cita converterá novamente a vila no epicentro desta modalidade deportiva cun programa que combinará competición, exhibicións e actividades musicais
La Unión promoverá en Sarria un ciclo gratuíto de Zumba Kids durante todo o mes de xullo
As sesións, dirixidas aos máis pequenos, combinarán baile, exercicio físico e diversión nunha proposta aberta a toda a infancia sen necesidade de ser socia da entidade
O IES Xograr Afonso Gómez promove unha nova xornada de ciclismo en familia
A terceira edición da ruta cicloturista celebrarase o 20 de xuño e incluirá percorridos por camiños naturais, apoio loxístico e un xantar de convivencia
A XXVIII Xuntanza de Peleriños reunirá en Sarria agrupacións de Galicia e Castela-A Mancha nunha xornada de tradición e música
O encontro cultural celebrarase o 4 de xullo cun pasarrúas, actuacións na Praza da Vila e un concerto final no Malecón como broche á celebración





