Novas de Sarria
Sarria acolle esta fin de semana a V edición do Ribela Love Nature
O festival celebrarase os días 21 e 22 de agosto xunto ao río Sarria e combinará música, arte dixital e natureza nunha programación con artistas nacionais e internacionais
A SD Oural reforza a continuidade do seu cadro de persoal con dez renovacións para a tempada 2026/27
O conxunto de Sarria asegura a permanencia de xogadores clave en defensa, medio campo, ataque e portería para afrontar con garantías a nova campaña
O Esmorga Total reuniu en San Marco a decenas de persoas para vivir a eclipse total de Sol nun ambiente festivo
A música, as actividades para todos os públicos e a observación do fenómeno astronómico converteron a cita nun éxito de participación en Sarria
Sarria acolle a presentación do libro 'Teatro. Tres obras en lingua galega' de Yolanda Díaz Gallego
A Biblioteca Pública Municipal Camilo Gonsar será escenario este xoves dun encontro arredor da creación literaria e teatral en galego coa participación da autora e doutras convidadas
A Sociedade Cultural La Unión de Sarria proxecta este venres o documental Girl Gang con coloquio e festa posterior
A actividade, de balde, comezará ás 21:30 horas e incluirá a proxección deste recoñecido documental sobre o impacto das redes sociais na vida dunha adolescente convertida en influencer
La Unión abre as inscricións para a primeira Feira de Artesanía de Sarria
O evento celebrarase os días 19 e 20 de setembro e busca reunir artesáns, creadores e produtores de alimentación artesanal
A exposición 'Palestine. Here and There' poderá visitarse esta fin de semana en Sarria
A mostra, integrada na Trienal Sarria Triennial, reúne o traballo de seis artistas palestinos e aborda cuestións como a ocupación, a identidade e a resistencia
A autovía Lugo-Sarria comeza a súa recta final cun investimento de 37,7 millóns de euros
A Xunta inicia as obras dos 13,5 quilómetros pendentes entre Nadela e A Pobra de San Xiao, que completarán a futura AG-22
Luís Celeiro asinará exemplares de 'Andares' na Feira do Libro da Coruña
O escritor e xornalista sarriao participará este venres nun encontro cos lectores na caseta compartida por Editorial Canela e Libros Lar
O obradoiro dual de emprego de Sarria avanza na rehabilitación do Campo da Feira
Vinte persoas desempregadas participan nesta iniciativa formativa, que inclúe novas actuacións de mellora no recinto feiral
A Noite Meiga reforza a súa conexión co comercio local cunha campaña de premios para os clientes
Aces e Meigas e Trasgos impulsan unha iniciativa que recompensará as compras realizadas nos establecementos asociados entre o 3 e o 11 de agosto
Los Extraños Pasajeros protagonizan a sesión vermú deste domingo na terraza da Sociedade La Unión de Sarria
A banda de versións pop e rock actuará a partir das 13.00 horas nun concerto aberto ao público
O Concello de Sarria desminte a cancelación da Festa da Eclipse e confirma que se celebrará en San Marco
O Goberno local atribúe a polémica a unha interpretación errónea das zonas de exclusión e lembra que a programación segue adiante con todas as garantías de seguridade
Últimas horas para participar na campaña “60x1000” da ACES
A iniciativa, cofinanciada pola Xunta de Galicia, sorteará 1.000 euros para gastar en 60 minutos entre os clientes dos comercios participantes
O Vendaval volverá levar o cinema portugués á Ribeira Sacra cunha programación que combina proxeccións e formación
A mostra celebrarase entre o 25 e o 30 de agosto en Sarria, Sober, O Saviñao e Bóveda e contará coa participación da cineasta Margarida Cardoso
O Paseo do Malecón de Sarria acolle a sesión de narración oral 'Pan con Chocolate'
María da Pontragha e Carme da Pontragha protagonizarán unha tarde de contos, humor e imaxinación ao aire libre organizada polo Concello
O Verbena Fest 2026 encherá Sarria de música con nove actuacións entre o 31 de xullo e o 1 de agosto
A Terraza O Meigallo acollerá a oitava edición do festival, con concertos en dous escenarios e sesións vermú no Don Pepe
O Esmorga Fest promoverá en Sarria unha xornada de música e actividades para seguir a eclipse total de Sol
A Ermida de San Marco acollerá o 12 de agosto un evento gratuíto con concertos, propostas infantís e gastronomía organizado coa colaboración do Concello, a Xunta e a Deputación
O pleno de Sarria debaterá catro mocións sobre urbanismo, cultura e servizos
BNG, PP e Camiña Sarria levarán ao pleno propostas centradas en urbanismo, patrimonio, cultura e servizos municipais
A mostra aberta en Sarria 'Palestine. Here and There' reivindica a autonomía e a liberdade do pobo palestino
Efrén Castro valorou na presentación da mostra o traballo da Asociación Cultural Huhu
Lorena do Val ofrecerá un concerto na sesión vermú de La Unión de Sarria
A cantante actuará este domingo acompañada ao piano por Manuel Arroyo nun recital aberto ao público
Lugo Monumental nomea socio de honra ao sarriao Abraham Cupeiro
O recoñecido multiinstrumentista recibiu a distinción na Praza do Campo e agradeceu un recoñecemento que se suma ao recente Premio Joaquín Díaz 2026 de Organoloxía
Ania González e Horacio González presentan en Sarria o libro 'As the World Falls Down'
A obra será presentada este sábado na Sede e reflexiona sobre o modelo institucional da arte contemporánea
A Noite Meiga amplía a súa programación cun espectáculo de humor de Leti da Taberna
A artista galega presentará o seu monólogo 'Enredada' o 27 de agosto en Sarria, nunha edición que se estenderá por primeira vez durante tres xornadas




