Cultura
Peleriños comeza un novo curso co obxecivo de manter viva a cultura galega en Sarria
A asociación sarriá recupera en outubro a súa actividade formativa con propostas para diferentes idades que van desde a música e o baile tradicional ata a costura, a gaita e a percusión
Samos organiza unha saída cultural a Santiago para asistir a "A Gaivota. Ensaio aberto"
A actividade permitirá asistir á nova produción do Centro Dramático Galego o domingo 4 de outubro cun servizo de autobús desde a Casa do Concello
A Asociación Huhú invita a visitar en Sarria a exposición ‘Palestine Here and There’
A mostra é a proposta central do quinto bloque expositivo da Trienal Sarria Triennial e poderá visitarse esta fin de semana na SEDE
Sarria prepárase para unha nova xornada do Esmorga Fest con Grande Amore e Eladio y los Seres Queridos
A terraza O Meigallo acollerá este sábado 12 de setembro unha tarde de música en directo con entrada de balde e propostas para diferentes públicos
A Rede Museística Provincial incorpora cinco obras para abordar as desigualdades e a xustiza social
As novas pezas pasan a formar parte das coleccións da Rede e reforzan no Museo Fortaleza San Paio de Narla o proxecto "Soterradas. Vidas e historias na procura da xustiza social"
A Malla de Santiago de Cedrón reunirá tradición, gastronomía e música en Láncara o 12 de setembro
A IV edición da Malla Santiago de Cedrón celebrarase no lugar de Saa cunha xornada que comezará ás 10.30 horas e incluirá xantar popular e actuación musical
O Festival Garitosis encherá Sarria de música o 12 de setembro
Untides, Cool Flanders, La Orquestra Paraguayo, Festicultores Troupe e Dreams of Dolly Sheep forman parte do cartel, que pechará Liam Peys
Sarria ACENDIDA arrinca esta fin de semana con tres días de graffiti e dez novos murais na vila
O proxecto cultural desenvolverase entre setembro e decembro con actividades de música, teatro, memoria rural, oficios, fotografía, gastronomía e arte
A Nosa Noite pechará o verán na Unión de Sarria con gastronomía e música
A celebración terá lugar o sábado 5 de setembro cunha cea seguida das actuacións de Dous Bos e Os Intermitentes e estará aberta unicamente aos socios
O Esmorga Fest organiza unha nova xornada musical en Sarria o 12 de setembro
A terraza O Meigallo acollerá as actuacións de Grande Amore, Eladio y los Seres Queridos, Apolo 18, Tristón DJ e Meigas e Trasgos + JLG Music
A Noite Meiga de Sarria xa é oficialmente Festa de Interese Turístico de Galicia
O Diario Oficial de Galicia publica a resolución que incorpora esta celebración ao catálogo de festas recoñecidas pola Xunta pola súa singularidade, tradición e arraigo
Vendaval leva a Manán, Sarria, unha noite de cinema portugués con catro curtametraxes
A Palleira acollerá o 25 de agosto ás 22.00 horas unha sesión gratuíta coa presenza do realizador Jorge Quintela e da actriz Ana Vilaça
Peleriños prepara o novo curso en Sarria con aulas de música, baile e cultura tradicional
A asociación cultural comezará as actividades o 2 de outubro cun programa para diferentes idades que inclúe canto, pandeireta, baile, música tradicional, percusión e costura
A Cruz do Incio descobre a linguaxe das campás cun obradoiro durante a Feira de Ano
A actividade celebrarase este sábado 22 de agosto ás 15.30 horas na igrexa parroquial e incluirá unha demostración práctica a cargo dun campaneiro experto
Samos leva o seu patrimonio arqueolóxico ao mundo dixital
O proxecto Samos Arqueolóxico reúne nun mapa interactivo xacementos, imaxes aéreas, panorámicas de 360 graos, cartografía LiDAR e documentación histórica accesible en tres idiomas
GaliciaXa
16 entidades culturais reciben o impulso para celebrar certámenes de artes escénicas e musicais
O apoio que reciben van desde os 2.000 ata os 7.000€ para axudar nos custos da organización destas citas culturais repartidas polas catro provincias galegas
O Incio reúne arredor de 60 postos na XVI Feira de Artesanía e Produtos da Terra
A cita combinará este sábado artesanía, gastronomía, obradoiros e música cun amplo programa que se prolongará desde as 11.00 horas ata a noite
Triacastela acollerá unha nova xornada divulgativa sobre Cova Eirós e a arqueoloxía do Monte Penedo
A cita celebrarase este sábado en Cancelo e incluirá charlas sobre os xacementos arqueolóxicos, a cestería tradicional e a representación dos animais ao longo da historia
Sarria acolle a presentación do libro 'Teatro. Tres obras en lingua galega' de Yolanda Díaz Gallego
A Biblioteca Pública Municipal Camilo Gonsar será escenario este xoves dun encontro arredor da creación literaria e teatral en galego coa participación da autora e doutras convidadas
SarriaXa
A eclipse total de Sol de 2026 na comarca de Sarria: horarios, duración e mellores lugares para observala
Os sete concellos da comarca quedarán dentro da franxa de totalidade da eclipse do 12 de agosto, aínda que a duración do fenómeno e as condicións de observación variarán segundo a localización e a orografía de cada municipio
A Feira de Produtos Artesáns de Samos reúne artesanía, gastronomía e tradición na súa 26 edición
O Campo da Feira acolleu numerosos postos, demostracións de oficios tradicionais, música e actividades infantís nunha cita apoiada pola Deputación de Lugo
Santa María do Monte prepárase para celebrar dúas xornadas de festa en Triacastela
A parroquia vivirá os días 14 e 15 de agosto un programa con churrascada popular, actos relixiosos, sesión vermú e actuacións musicais
A exposición 'Palestine. Here and There' poderá visitarse esta fin de semana en Sarria
A mostra, integrada na Trienal Sarria Triennial, reúne o traballo de seis artistas palestinos e aborda cuestións como a ocupación, a identidade e a resistencia
Samos acolle a exposición ‘Hospitalidade monástica’, integrada na programación de 'O Teu Xacobeo'
A mostra permanecerá durante un mes no municipio e percorre a historia da acollida aos peregrinos nos mosteiros vinculados ao Camiño de Santiago



