Novas de Paradela
O CIM móbil da Xunta ofrecerá atención especializada en Paradela
A unidade itinerante instalarase no municipio o 15 de outubro, en horario de 10.00 a 14.00 horas, para achegar servizos de información, orientación e asesoramento á cidadanía
O alumnado do CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela recibirá exemplares do último libro de Estefanía Padullés
O Concello agasallará ao alumnado do CEIP Plurilingüe San Miguel con exemplares de "Cambia o mundo... cambias ti", a última obra da escritora afincada no municipio, nun acto previsto para o 21 de outubro
O Camiño Francés leva a súa promoción a Xenebra cunha axenda centrada na gastronomía e na Galicia exterior
A Mancomunidade dos Municipios Galegos do Camiño Francés presentou a guía ‘Saborea o Camiño’ e mantivo encontros con representantes institucionais e coa comunidade galega na cidade suíza
A Banda de Música da Comarca de Sarria pon en marcha unha escola musical con actividades en cinco colexios
A ERIMCA ofrecerá formación desde Educación Infantil ata adultos a partir do curso 2026-2027, con clases instrumentais e obradoiros para fomentar a música no rural
A Asociación de Mulleres de Paradela organiza unha excursión a Portugal os días 24 e 25 de outubro
A viaxe incluirá visitas a Vilanova de Cerveira, Braga e Guimarães, así como unha subida en teleférico ao Santuario da Penha
Paradela celebra as súas festas patronais con dous días de música, verbena e actividades
A programación na honra da Virxe das Dores desenvolverase os días 19 e 20 de setembro, con actuacións musicais, fútbol e concentración de motos
Paradela homenaxeará aos seus maiores coa XXXI Festa dos Avós
A xornada reunirá no Centro Polifuncional Xesús Mato Mato ás persoas maiores de 65 anos do municipio cun xantar, música e un sorteo de agasallos
A SD Paradela, máis de catro décadas mantendo vivo o fútbol no municipio
A entidade, que leva máis de catro décadas promovendo o fútbol no municipio, afronta unha nova tempada na Segunda Galicia apostando polo arraigo, a identidade local e o compromiso dunha afección que considera imprescindible para seguir medrando
Paradela suma unha nova agrupación musical coa creación da súa propia charanga
A Charanga de Paradela nace con ilusión para acompañar a Banda de Paradela e reforzar a tradición musical dun concello con máis de 150 anos de historia
Máis de 560 persoas desfrutaron das viaxes á praia organizadas polo Concello de Paradela
A iniciativa permitiu aos veciños e veciñas gozar durante o verán de diferentes xornadas de ocio e praia en distintos puntos de Galicia
Paradela busca recuperar os nomes da terra que aínda sobreviven na memoria da súa veciñanza
A campaña "Toponimízate" chegará este venres ao municipio para ensinar a conservar e rexistrar os microtopónimos tradicionais
Penarredonda, en Paradela, celebra en setembro a súa romaría
A parroquia de Paradela contará con dúas xornadas de celebracións relixiosas e unha ampla sesión musical a cargo da Orquestra Galaxia
Estefanía Padullés invita a afrontar os cambios con naturalidade no seu novo álbum ilustrado ‘Cambia o mundo... cambias ti’
A escritora e ilustradora afincada en Paradela publica unha obra para compartir en familia que aborda as transformacións da vida cotiá desde unha mirada próxima, poética e chea de cor
A Deputación destina preto de 246.000 euros á mellora da estrada entre Pacios e Mosteirovello
A actuación renovará case catro quilómetros da LU-P-4201 en Paradela e incluirá un paso elevado xunto ao CEIP de San Miguel
Feasita, en Paradela, celebra tres días de festa na honra a San Roque
A programación desenvolverase do 21 ao 23 de agosto e contará co Dúo La Vissión, a orquestra Salsarena e o Dúo The Voice, ademais dunha churrascada veciñal e actos relixiosos
A SD Paradela reforza o seu proxecto con catro incorporacións para a nova tempada
O club confirma os regresos de Barán, Daniño e Javi, ademais da chegada de Gerï procedente da SD Rubián
A Xunta adxudica por máis de 3,3 millóns de euros a mellora do firme nas estradas LU-633, LU-546 e LU-621
As obras, cun prazo de execución de seis meses, actuarán sobre máis de 63 quilómetros de vías autonómicas ao seu paso por dez concellos lucenses
Eventos
Comezan as festas de Santa Cristina de Paradela con cea veciñal e verbena
A celebración prolongarase ata o venres con actos relixiosos e as actuacións do Dúo Dilema e da orquestra Stereo
O Obradoiro Dual de Emprego Os Soutos II acondiciona o miradoiro de Cabodevila en Paradela
O alumnado realizou labores de limpeza, desbroce e mantemento para mellorar este espazo natural e poñer en valor un dos principais puntos panorámicos do municipio
'Mudanza' suma unha nova selección internacional no Festival El Garaje del Cine de España
A curtametraxe baseada nun relato da paradelense Sonia Arias López, ambientada en Paradela e Sarria, continúa ampliando o seu percorrido tras ser premiada pola súa temática social
Paradela abre as inscricións para os cursos de natación da tempada 2026 nas piscinas municipais
A iniciativa estará dirixida a nenas, nenos e persoas adultas, cun prazo de inscrición aberto ata o 17 de xullo
A SD Paradela reforza o seu proxecto con fichaxes, regresos e un amplo bloque de renovacións
O club incorpora a Rubén López “Edrada” e Brian Lorenzo, recupera a Víctor Pérez e garante a continuidade de xogadores fundamentais para a próxima tempada
Estefanía Padullés presenta en Paradela a súa nova novela “Memoria de sombra y bosque”
A obra, unha historia sobre a madurez e a identidade, será presentada o 26 de xuño no Centro Sociocultural Manuel Oreste Rodríguez López
Paradela impulsou unha campaña de sensibilización para promover o respecto e a igualdade
A iniciativa, financiada con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, chegou a centros educativos, entidades sociais e colectivos deportivos do municipio










