Novas de Sarria
Comeza unha nova edición de Camiño Escena Norte 2026 en 6 comunidades do norte do Estado
Leva tres espectáculos galegos a nove concellos doutras comunidades e trae a Galicia 10 funcións co apoio da Xunta
Sarria busca a súa mellor fotografía para converter os seus recunchos en postais turísticas
O certame ‘O meu recuncho favorito de Sarria 2026’ permite participar ata o 10 de setembro e repartirá 300 euros en premios locais
Comeza o proceso de selección de persoal para ampliar os seis parques de bombeiros da provincia de Lugo
Un total de 233 persoas competirán polas 37 prazas que se ofrecen, das que 11 son vacantes e 26 son de nova creación
O teatro amador galego toma o Gustavo Freire de Lugo con catro representacións en setembro
Achádego Teatro, Teatro Pesadelo, Rebuldeira Teatro e Tiruleque Grupo de Teatro actuarán os días 12, 13, 19 e 20 de setembro con entradas a 3 euros
A Sociedade Cultural La Unión de Sarria retoma a actividade cunha ampla programación para o curso 2026/27
A entidade ofrecerá desde setembro ata xuño propostas de música, baile, deporte e ocio
Reclaman ao Goberno e a ADIF unha "solución definitiva" para o illamento do barrio da Estación de Oural
Os populares denuncian problemas de accesibilidade, danos provocados polas obras da estación ferroviaria e risco de inundación por falta de sistemas de evacuación de augas pluviais
Sarria ACENDIDA arrinca esta fin de semana con tres días de graffiti e dez novos murais na vila
O proxecto cultural desenvolverase entre setembro e decembro con actividades de música, teatro, memoria rural, oficios, fotografía, gastronomía e arte
Sarria celebra os días 8 e 9 de setembro as festas na honra á Virxe dos Remedios
A programación inclúe actos relixiosos, sesións vermú, charanga e actuacións musicais a cargo de Florida Band, Principal, Grupo D’Kris e El Combo Dominicano
A Noite Meiga de Sarria pecha a súa edición máis especial cun gran éxito de público
A celebración, que este ano estreou o recoñecemento como Festa de Interese Turístico de Galicia, reuniu música, danza, humor e tradición durante tres xornadas
Deperpol Sarria retoma os adestramentos de karate e defensa persoal o 14 de setembro
O club deportivo ofrece clases de Karate Shito-Ryu e defensa persoal para diferentes idades e niveis na rúa Liberdade de Sarria
A exposición "PALESTINE HERE AND THERE" pode visitarse esta fin de semana na Sede
A mostra aborda a identidade, a memoria e a resistencia a través da fotografía, o vídeo, o cinema documental e o arquivo e permanecerá aberta ata o 3 de outubro
Sindicatos e Concello de Sarria abordan as condicións laborais da Residencia Nosa Señora do Carme
UGT, CSIF e CIG participaron nunha reunión co Concello, que destaca a incorporación de 16 novos postos á estrutura do centro e defende continuar avanzando mediante o diálogo
O Esmorga Fest organiza unha nova xornada musical en Sarria o 12 de setembro
A terraza O Meigallo acollerá as actuacións de Grande Amore, Eladio y los Seres Queridos, Apolo 18, Tristón DJ e Meigas e Trasgos + JLG Music
A Noite Meiga de Sarria xa é oficialmente Festa de Interese Turístico de Galicia
O Diario Oficial de Galicia publica a resolución que incorpora esta celebración ao catálogo de festas recoñecidas pola Xunta pola súa singularidade, tradición e arraigo
As rúas Curros Enríquez, Pascual Veiga e a prolongación da Gran Vía de Sarria xa teñen un sentido único
A nova ordenación do tráfico entrou en vigor o luns 24 e a Policía Local realizará controis durante os primeiros días
A Noite Meiga de Sarria prende o lume este venres cunha andaina inclusiva e dúas noites de música e tradición
A celebración desenvolverase os días 28 e 29 de agosto e incorpora este ano un tramo sen ruído durante a andaina e unha nova posta en escena da tradicional danza no Chanto
Nove renovacións para dar continuidade ao proxecto do Oural na tempada 2026/27
Cepeda, Yago, Michi, Joalvin, Juan Carlos, Manu Campo, Raúl Arias, Marco e Abreu continuarán no equipo de Sarria
Eventos
A Tardiña Meiga abre as inscricións para 50 nenos e nenas en Sarria
A actividade, dirixida a participantes de entre 3 e 12 anos, celebrarase o 28 de agosto ás 18.00 horas no local de Meigas e Trasgos e servirá para abrir a programación da Noite Meiga
Vendaval leva a Manán, Sarria, unha noite de cinema portugués con catro curtametraxes
A Palleira acollerá o 25 de agosto ás 22.00 horas unha sesión gratuíta coa presenza do realizador Jorge Quintela e da actriz Ana Vilaça
O Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria continúa este venres con máis dunha ducia de actividades
Espectáculos familiares, maxia de preto, actuacións en centros asistenciais e unha gala para adultos protagonizan a segunda xornada do certame
A Noite Meiga de Sarria pon hora a todas as súas actuacións
O programa definitivo distribúe as actuacións de DeNinghures, Broken Peach, Xosé Lois Romero & Aliboria e Terrae e fixa a Danza da Noite Meiga para a unha da madrugada do sábado
O PP de Lugo reclama explicacións polos atrasos e deficiencias nas estacións de tren de Lugo, Sarria e Monforte
Os deputados populares esixen ao Goberno “transparencia, responsabilidades e un calendario concreto” para completar unhas actuacións que consideran fundamentais para a mobilidade da provincia
Aberto o prazo para participar no programa de Sarria Concilia 2026-2027
Sarria Concilia desenvolverase do 9 de setembro ao 21 de xuño en tres centros educativos públicos e as familias poderán presentar as solicitudes ata o 24 de agosto
A Unión de Sarria despedirá o verán cunha cea e música en directo
A sociedade cultural celebrará o 5 de setembro A Nosa Noite, unha cita exclusiva para socios que contará coa actuación de Dous Bos e Os Intermitentes










