Novas de O Páramo
Friolfe prepara unha xornada de festa con ruta cabalar e máis de dez horas de música
La Fórmula e Cinema encabezarán unha celebración que contará tamén coa Charanga Eravisto, DJ Goteo, Adolfo Valiño, xantar popular e fogos artificiais
O Páramo abre o prazo de inscrición para as clases de ximnasia de mantemento e pilates
As actividades, dirixidas a persoas maiores, celebraranse os martes e xoves de 21:00 a 22:00 horas, con preferencia para as persoas empadroadas no municipio
O Páramo busca mellorar as súas depuradoras e reducir as perdas de auga na rede municipal
A Xunta e o Concello analizan actuacións para optimizar as sete depuradoras compactas e estudan as axudas dispoñibles para renovar os sistemas de saneamento
Friolfe celebra a III Festa da Xuventude cunha ruta cabalar, música e verbena
A parroquia do Páramo reunirá durante toda a xornada propostas gastronómicas, tardeo, fogos artificiais e música con Eravisto, DJ Goteo, Adolfo Valiño e dúas orquestras
O Páramo instalará unha báscula para camións para facilitar o traballo do sector agrogandeiro
Agader financiará o 80% do proxecto, pensado para evitar desprazamentos a outros concellos, reducir custos e mellorar a produtividade das actividades do sector primario
Friolfe celebrará as festas de San Lourenzo os días 10 e 11 de agosto
A parroquia do Páramo contará con misas, procesións, sesións vermú e verbenas amenizadas por Punto Clave, Nueva Línea e Pontevedra
Ribas de Miño celebrará esta fin de semana as festas na honra a Santiago Apóstolo
A programación inclúe actos relixiosos, sesións vermú, verbenas, un campionato de tute e unha churrascada popular
Piñeiro acusa ao PP de manipular a historia da estación de Moscán e esixe unha rectificación pública
O alcalde de Láncara sostén que a infraestrutura foi impulsada e posta en servizo por gobernos populares e reclama respecto para a veciñanza do rural
O Páramo celebrará o 10 de xullo a XV Festa da Xuventude con churrascada, música e pantalla xigante
A cita incluirá a retransmisión do partido do Mundial entre Bélxica e España e actuacións de Punto Clave e da discoteca móbil COC Music
Trece explotacións lucenses reciben o recoñecemento de Africor polo seu labor na mellora da cabana gandeira
Os premios destacados foron para Láncara, Sarria e O Páramo, pero tamén foron distinguidas explotacións en Castroverde, Pastoriza, Baleira, Carballedo, Guitiriz, O Saviñao e Barreiros
O Páramo organiza nove viaxes á praia para o verán de 2026
O programa inclúe saídas entre xullo e agosto con diferentes destinos costeiros e prezos adaptados segundo a idade e o empadroamento
A SD O Páramo abre a campaña de socios para a tempada 2026-2027
O club pon á disposición da afección novos artigos identificativos e o carné de socio co obxectivo de reforzar o apoio ao equipo de cara ao próximo curso
Benjamín García Toirán culmina o relevo e asume a Alcaldía de O Páramo
O novo rexedor foi investido cos seis votos do PP nun pleno extraordinario celebrado tras a renuncia de José Luis López por motivos de saúde
A segunda edición do Torneo da Primavera de baloncesto terá lugar no pavillón do Páramo
A cita reunirá equipos de ADB Fontiñas, CB Sarria e Franciscanos Baloncesto nunha xornada con partidos, xogos e ambiente festivo dentro das Feiras da Primavera
A rede viaria autonómica de Lugo afronta novas obras de mellora do pavimento
O investimento supera os 3,6 millóns de euros e permitirá mellorar o firme e a seguridade viaria en vías que atravesan dez concellos lucenses
O alcalde de O Páramo presenta a súa renuncia como concelleiro
O rexedor, de baixa médica desde hai máis dun ano, iniciou o seu camiño político en 2019 e consolidou a maioría absoluta en 2023 baixo as siglas do PP
O Páramo celebrará do 5 ao 8 de xuño a XLVIII edición das Feiras de Primavera
O evento contará con exposicións, feira de gando, gastronomía, música tradicional e actividades ecuestres
Eventos
San Vicente do Páramo celebra as súas festas cun completo programa relixioso e musical
Os festexos, que terán lugar a finais de maio, combinan tradición, verbena e convivencia veciñal
O Páramo celebrará o 10 de maio a XXIX Festa dos Avós do Concello
O programa incluirá misa no Campo da Feira e xantar no polideportivo municipal, cun prazo de inscrición aberto ata o 4 de maio
O Páramo converteuse en capital estatal do descenso co DH Molinos
A cita, valedeira para a Copa de España por segundo ano seguido, reuniu en Torre e Friolfe a destacados especialistas do BTT nacional
O Páramo acolle o DH Molinos 2026, unha das citas clave do descenso a nivel estatal
A proba, organizada polo DHG Team de Sarria, reunirá ata 300 participantes o 26 de abril nunha fin de semana chea de velocidade e espectáculo
Ramiro Valcárcel, adestrador do Páramo: “Estamos a traballar por manternos nesta categoría”
Ramiro Valcárcel Vázquez é o novo adestrador da SD O Páramo, un proxecto que asumiu con ilusión ao ter sido parte do equipo hai anos e ser a primeira vez que adestra a un equipo sénior
A Xunta e O Páramo analizan novas vías de colaboración para mellorar infraestruturas e servizos
O delegado territorial en Lugo destaca a nova liña de axudas de 3,5 millóns de euros para actuacións municipais
Sarria<30 levará formación e emprendemento cultural aos sete concellos da comarca a partir de maio
O proxecto impulsado por Ouvirmos inclúe laboratorios especializados en distintos municipios e un evento central o 30 de maio na Praza de Abastos de Sarria










