Novas de Sarria
Karem Saa inicia unha nova etapa no fútbol sala en Portugal con 18 anos
A deportista sarriá recibe o apoio do xefe do Servizo Provincial de Deportes de Lugo, Manolo Cadramón, que lle entregou un exemplar do seu libro sobre a historia do fútbol sala
Sons na Palleira leva a música clásica e folk ao Lar Social de Meigas e Trasgos en Sarria
A actuación terá lugar o 17 de outubro ás 20:00 horas e contará cunha entrada xeral de 15 euros, que se reduce a 10 euros para as persoas socias
A maxia volverá percorrer o rural de Sarria os días 17 e 18 de outubro
A iniciativa alcanzará a súa cuarta edición levando de novo o ilusionismo ás parroquias, mentres que os artistas participantes e os lugares elixidos anunciaranse nas próximas semanas
O Rally San Froilán incorpora Baralla e estrea un treito en Sarria na súa 48ª edición
A proba celebrarase os días 16 e 17 de outubro con 114 pilotos inscritos e 104,6 quilómetros cronometrados en estradas de cinco municipios lucenses
O teatro familiar de Ghazafelhos chega este venres á Casa da Cultura de Sarria
A función, dirixida ao público infantil e familiar, comezará ás 17.30 horas e terá entrada gratuíta
Oito mulleres e unha mesma paixón: nace en Sarria Por Vir, o novo grupo de pandeireteiras que recupera a música tradicional
O colectivo xorde das aulas da Asociación Cultural Peleriños para dinamizar foliadas e festas na comarca e reivindica a tradición a partir de pezas recollidas directamente da cultura popular
Peleriños estrea un obradoiro de pandeira en Sarria
A actividade, impartida por Carolina Vázquez Castro, permitirá coñecer os ritmos e as técnicas deste instrumento tradicional da montaña de Lugo
Crearte programa seis actividades culturais para o último trimestre do ano en Manán
A Palleira acollerá obradoiros de percusión, cerámica, voz e movemento, ademais dun concerto e unha actividade sobre a memoria de Manán
Sarria acolle este domingo a comedia 'O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger'
A Casa da Cultura acollerá ás 20:00 horas esta proposta teatral para público adulto, con entrada de balde
Huhú clausura a exposición 'PALESTINE. HERE AND THERE' e presenta o décimo número de 'Macheta'
A Asociación Artístico-Cultural Huhú celebrará este sábado a clausura da mostra e a presentación de 'Macheta 10. Canto peregrino', que reúne 55 colaboracións
A AC Taekwondo Sarria inicia a tempada con dez medallas no Open Vila de Moaña
O club sarriao conseguiu dúas pratas na xornada de combate e oito medallas na de técnica, con catro ouros, unha prata e tres bronces
Peleriños inaugura o novo curso cunha foliada aberta no Paseo do Malecón
A asociación cultural celebra esta tarde unha xornada aberta á participación con música, baile e cantos tras a asemblea de socios
Sarria Acendida abre os seus Obradoiros de Outono cunha proposta de teatro infantil
O programa desenvolverase entre outubro e decembro e incluirá actividades de teatro, escritura creativa, gastronomía, fotografía e memoria oral
A Fundación Juana de Vega inicia en Galicia as visitas de Vilas en Flor para avaliar 40 concellos
Vilas en Flor inicia as visitas de avaliación da edición de 2026, cunha ampla representación da provincia da Coruña
O campo da Ribela de Sarria estrea un novo videomarcador coa colaboración da Deputación de Lugo
A Vicepresidencia da institución provincial achegou 40.000 euros para financiar o equipamento, que conta cunha pantalla LED e un sistema multimedia
Sarria súmase este domingo á limpeza simultánea de ríos organizada por Proxecto Ríos
A Asociación Crearte promoverá unha xornada de recollida de residuos de 11.00 a 14.00 horas para contribuír á conservación dos ecosistemas fluviais
"Os rizos de Lía" achegará este venres un contacontos musical ás crianzas de Sarria
A actividade, de entrada gratuíta, terá lugar o 2 de outubro na Casa da Cultura e combinará narración e música para abordar a amizade, a autoestima e o respecto pola identidade
Eventos
A maxia percorre seis parroquias de Sarria coa cuarta edición do Encontro Máxico no Rural
A iniciativa, integrada en Sarria Acendida, celebrará actuacións os días 17 e 18 de outubro para achegar as artes escénicas ao rural do municipio
A SD Sarriana promove unha nova actividade deportiva para porteiros
A “Escola de Porteiros César Pirot” ofrecerá adestramentos específicos para mellorar a técnica, a táctica e o desenvolvemento mental dos gardametas
O PSOE cuestiona a renovación da Ribela e pide unha revisión independente das obras
Os socialistas sinalan deficiencias no terreo de xogo, o acceso, a iluminación, as redes e as porterías tras unha actuación cun investimento de máis de 730.000 euros
A UNED Sénior regresa a Sarria con novas propostas formativas para maiores de 55 anos
O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o 20 de outubro e as clases comezarán na semana do día 13
O rock internacional toma Sarria con tres noites de concertos en Buril
Buril ACDE celebrará do 1 ao 3 de outubro a Semana do Rock, cun cartel de nove bandas procedentes de España, Portugal e Reino Unido e entrada mediante achega voluntaria
As dez peñas do Real Madrid na provincia de Lugo reúnense por primeira vez nun encontro con 200 afeccionados
A xuntanza celebrouse no Pazo de Feiras e contou coa presenza de representantes do club e de antigos deportistas como Agustín Rodríguez, Chechu Biriukov e Alfredo Escobar
O Club Rítmica Atalaia de Sarria logra o terceiro posto no seu debut no Torneo Base Club Biqueira
O conxunto cadete estreouse nesta competición cunha primeira toma de contacto coa nova categoría e afronta a tempada con ganas de seguir mellorando










