Novas de Sarria
Sarria pechará as pistas de tenis e fútbol sala por obras de reforma
As instalacións deportivas permanecerán pechadas desde o luns 26 de outubro ata que rematen os traballos de renovación
Sarria programa catro funcións de teatro afeccionado entre outubro e novembro
A Casa da Cultura acollerá as representacións do Circuíto Galego de Teatro Amador os días 25 de outubro e 1, 8 e 15 de novembro, todas ás 20.00 horas e con entrada gratuíta
Carniceiros e gandeiros de Sarria reclaman unha data para reabrir o matadoiro municipal
O sector reunirase co Goberno local o luns 26 de outubro para coñecer os avances nas reparacións, co respaldo unánime de BNG, PP e PSOE á recuperación das instalacións
Un thriller no Camiño de Santiago chega á biblioteca de Sarria da man de José Ángel Gómez Sandes
O escritor presenta este venres 23 de outubro 'Cuando el camino mata', unha novela que percorre a ruta francesa ata Fisterra e incorpora escenarios e lendas de Galicia
Seis parroquias de Sarria desfrutaron da maxia coa cuarta edición do encontro no rural
Marina, Samuel Moreno, Golden Magic, Bruxo Cabacín, Mago Iago e Roberto Lolo protagonizaron seis actuacións en dous días dentro da programación de Sarria Acendida
O BNG de Sarria reclamará medidas urxentes para activar as vivendas sociais da rúa Maior
A formación levará ao pleno propostas para mobilizar os inmobles municipais, impulsar novas promocións de alugueiro público e limitar as vivendas de uso turístico
Sarria exhibe unha mostra de vehículos a escala con Pegaso, Cars e os grandes rallies como protagonistas
A exposición do futuro Museo Paixón Motor Slot permanecerá varias semanas na Biblioteca Municipal Camilo Gonsar
David, da Escola DHG Team: “Na Escola do DHG Team, o máis importante é que os nenos e nenas se divirtan”
A escola ciclista, creada en 2021 para garantir o relevo xeracional do club, afronta a súa quinta tempada cun espazo cuberto de 800 metros cadrados e un programa que combina deporte, seguridade e valores
"As alumnas" pecha a Mostra de Teatro Iván Tourón Morais de Sarria
A obra de Culturactiva Producións representarase este domingo 18 de outubro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura, con entrada gratuíta
Karem Saa inicia unha nova etapa no fútbol sala en Portugal con 18 anos
A deportista sarriá recibe o apoio do xefe do Servizo Provincial de Deportes de Lugo, Manolo Cadramón, que lle entregou un exemplar do seu libro sobre a historia do fútbol sala
Lugo reúne 151 deportistas nos Xogos Autonómicos de Baloncesto de Special Olympics
O Pazo Provincial dos Deportes acollerá este sábado, 17 de outubro, a 30ª edición da competición, que contará con participantes de 13 entidades sociais galegas e incluirá a entrega do Premio ás Boas Prácticas no Deporte
Coordinan o dispositivo de seguridade para o 48º Rally San Froilán
A Xunta Local de Seguridade reuniuse para planificar o control do tráfico, os accesos e a protección dos participantes e espectadores na proba, que se disputará os días 16 e 17 de outubro
O Rallye San Froilán percorrerá cinco municipios lucenses na súa 48ª edición
A Escudería Miño organiza a proba do 16 ao 18 de outubro, na que tamén participará Alucem Lugo para dar a coñecer o seu labor
A carreira popular Sarria 10K celebrarase finalmente o 13 de decembro
A xornada deportiva incluirá percorridos de 10 e 5 quilómetros, unha andaina e carreiras infantís con saída desde o centro da vila
Sarria reunirá vehículos clásicos o 17 de outubro nunha concentración con ruta, premios e música
O Club Clásicos Sarria organiza a sexta edición da Concentración de Vehículos Clásicos Vila de Sarria, que ofrece as últimas prazas para participar
Manuel López Rodríguez presenta en Sarria 'Ambiente', a obra gañadora do Premio Fiz Vergara Vilariño
A Biblioteca Camilo Gonsar acolleu un encontro co autor para celebrar a poesía e reivindicar a memoria do certame literario
Peleriños estrea un obradoiro de pandeira en Sarria
A actividade, impartida por Carolina Vázquez Castro, permitirá coñecer os ritmos e as técnicas deste instrumento tradicional da montaña de Lugo
Eventos
Crearte programa seis actividades culturais para o último trimestre do ano en Manán
A Palleira acollerá obradoiros de percusión, cerámica, voz e movemento, ademais dun concerto e unha actividade sobre a memoria de Manán
Sarria acolle este domingo a comedia 'O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger'
A Casa da Cultura acollerá ás 20:00 horas esta proposta teatral para público adulto, con entrada de balde
José Ángel Gómez Sandes presenta en Sarria a novela 'Cuando el camino mata'
A Biblioteca Municipal acollerá o 23 de outubro, ás 20:00 horas, a presentación deste thriller de asasinatos ambientado no Camiño de Santiago
A AC Taekwondo Sarria inicia a tempada con dez medallas no Open Vila de Moaña
O club sarriao conseguiu dúas pratas na xornada de combate e oito medallas na de técnica, con catro ouros, unha prata e tres bronces
A Biblioteca Municipal Camilo Gonsar de Sarria incorpora dous novos clubs de lectura
A iniciativa, dinamizada por Manuel Darriba, ofrecerá un espazo para compartir lecturas e conversar sobre literatura e cómic
O Concello de Sarria programa dous espectáculos de narración e monicreques
As propostas, incluídas no programa Ler conta moito, celebraranse os venres 9 e 16 de outubro na Casa da Cultura Biblioteca Camilo Gonsar
A Banda de Música da Comarca de Sarria pon en marcha unha escola musical con actividades en cinco colexios
A ERIMCA ofrecerá formación desde Educación Infantil ata adultos a partir do curso 2026-2027, con clases instrumentais e obradoiros para fomentar a música no rural











