Novas de O Incio
O Incio reivindica a música e o baile tradicional cunha xornada para "Bailar o Patrimonio"
A Escola de Música e Baile Tradicional organiza no antigo mercado unha tarde con obradoiros de pandeireta e baile, a actuación de Por Vir e unha foliada aberta
Eirexalba celebrará o 31 de outubro unha xornada de tradición e gastronomía
A festa comezará ás 14.00 horas e contará cun menú con polbo, empanada, carne ao caldeiro, castañas e queimada, organizado por Os Fanagueiros
A Deputación aproba conceder 250.000 euros ao Concello do Incio para rehabilitar a Casona
A achega permitirá recuperar o inmoble emblemático situado no centro da vila e os espazos exteriores da contorna
O Incio achega a música ás novas xeracións con clases para Infantil, Primaria e ESO
A ANPA do CEIP Ricardo Gasset e o Concello organizan as clases, que serán impartidas pola Banda de Música da Comarca de Sarria a partir do 8 de outubro
A Casona do Incio pasa ao Concello para avanzar na súa recuperación
A Deputación de Lugo aprobou por unanimidade a cesión do inmoble ao municipio e comprometeu 250.000 euros para contribuír á súa transformación nun espazo público de ocio e deporte
O Incio mellora os seus medios para limpar camiños e actuar fronte ao risco de incendios
A nova máquina permitirá actuar en zonas de difícil orografía e facilitará os traballos municipais de limpeza e mantemento nas marxes de vías e camiños
O Incio converterá seis antigos garaxes municipais en vivendas de alugueiro
O Concello adxudicou por 293.315 euros a actuación, que permitirá habilitar seis apartamentos na rúa Rodeiro cunha superficie útil de 44,45 metros cadrados cada un
O lume de Asacocirco pon o broche final a un verán cheo de actividades no Incio
O espectáculo 'Forza Ígnea' pechou unha programación municipal con música, propostas familiares, artesanía e actividades para diferentes públicos
A Deputación licita por 227.000 euros a mellora de varios tramos de estradas no Incio
As actuacións renovarán o firme en varios treitos da rede viaria e incluirán melloras na drenaxe, na sinalización e nas marcas viarias
O lume de Asacocirco chega este venres á Praza do Concello do Incio con "Forza Ígnea"
A proposta circense con lume comezará ás 22.00 horas e forma parte da programación do "Verán no Incio"
O Incio homenaxeará ás vítimas da represión da Casa do Inverno de Eirexalba
Familiares, investigadores e escritoras participarán o 21 de agosto nun acto para recuperar a memoria de cinco membros da familia Casas-Rodríguez represaliados entre 1936 e 1939
Lucía Pérez actuará este venres en Quindous co apoio da Xunta de Galicia
A cantante do Incio participará na sesión vermú das festas desta localidade de Cervantes, que tamén contará con verbena e animación musical durante toda a xornada
O Incio transformará a Praza España nunha gran praia urbana cunha tarde chea de actividades
A proposta 'Montamos a Praia' ofrecerá xogos acuáticos, festa da escuma e animación para toda a familia este mércores
A XVI Feira de Artesanía e Produtos da Terra do Incio celebrarase o 22 de agosto
O Concello abre o prazo de inscrición para os expositores interesados en participar no certame
Eirexalba celebrará as súas festas na honra á Virxe da Presentación os días 10 e 11 de agosto
Os festexos no Incio incluirán xogos infantís, verbenas e actuacións de El Brexit, o Dúo Estrellas e a orquestra Marbella
Música, lecer e artesanía protagonizan as próximas citas de 'Verán no Incio'
O ciclo continuará o 29 de xullo co concerto de Algo pasa con Mery e incluirá propostas musicais, familiares e a Feira de Artesanía e Produtos da Terra
O Incio busca o apoio da Xunta para rehabilitar a Casona da Cruz e impulsar novos proxectos municipais
Héctor Corujo traslada a Alfonso Rueda as principais necesidades do concello nunha reunión de traballo
Eventos
O voluntariado de 'Territorio Sonoro' coñece en Sarria o traballo da Asociación Cultural Huhú e o proxecto Trienal
As persoas participantes visitaron a SEDE-Núcleo Difusor de Arte Contemporánea, onde descubriron diferentes iniciativas de creación cultural e levaron material para elaborar o seu propio fanzine
O Incio CF abre as inscricións para a terceira edición do seu campus de verán de fútbol
A actividade celebrarase do 3 ao 7 de agosto no campo municipal do Carboeiro e está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos
O Festival Terra Brava presenta o cartel da súa edición de 2026 no Incio
O evento celebrarase o 15 de agosto con música en directo, actividades infantís, sesión vermú e espazos de acampada e caravanas
O Incio programa un verán con música, espectáculos e actividades para todas as idades
O Concello desenvolverá entre xullo e agosto unha ampla programación cultural e de lecer na Praza do Concello
Un campo de voluntariado centrado na memoria oral e nas rutas sonoras do rural terá lugar no Incio
A iniciativa “Territorio Sonoro” reunirá mozos de entre 18 e 30 anos para crear audiopaseos xeolocalizados e poñer en valor o patrimonio cultural e natural do municipio
Unha conferencia no Incio achegará consellos e información sobre enfermidades articulares e benestar
A cita, organizada por As Xeitosas, celebrarase o 2 de xullo no Mercado Gandeiro con entrada aberta ao público
O Incio Terra Brava logra o ascenso á 2ª Futgal tras a promoción no grupo sur
O equipo ocupará a praza deixada polo Lemos B despois do ascenso deste conxunto á 1ª Futgal








