Novas de Láncara
A cuarta etapa de ‘La Vuelta Femenina’ percorrerá a provincia de Lugo entre Monforte e Antas de Ulla
Será 6 de maio e pasará polos concellos de Sarria, Láncara, O Páramo, Portomarín, Taboada e Monterroso
O Clube de Pesca Río Neira culmina a posta a punto do río antes do inicio da tempada
Os traballos incluíron a mellora de accesos, a reposición de sinais no coto sen morte e a retirada de residuos nos tramos de Láncara e Valdriz
Marta Fernández: “É moi importante facer actividades no rural e crear comunidade”
Marta Fernández Horbán, presidenta da Asociación Cultural Val de Láncara desde hai cinco anos, aínda que a Asociación leva promovendo actividades desde hai 30 anos
Láncara investirá 150.000 euros na rexeneración do firme en Castelo, Pedreira e Outeiro
O proxecto, financiado cun convenio coa Deputación, inclúe melloras estruturais, drenaxe e construción dun muro de contención
O Club de pesca Río Neira inicia as súas xornadas anuais de limpeza no concello de Láncara
A primeira intervención do ano centrouse na retirada de residuos nos accesos do tramo 2 do río, nos muíños de Corveira e Rairo, e pechouse cun encontro de convivencia
O Clube de Pesca Río Neira organiza as V xornadas técnicas de pesca a mosca
A cita celebrarase o domingo 22 de febreiro cun programa centrado na formación infantil e na iniciación á montaxe de moscas
A CHMS realiza traballos de conservación en ríos da comarca de Sarria, Meira e Baralla
Estas actuacións cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), supoñerán un investimento estimado de 90.000 euros
Luis Celeiro presenta en Láncara o libro Andares, unha escolma do seu traballo xornalístico
A Biblioteca Pública Municipal Basilio Losada acollerá o acto este venres cun encontro aberto ao público
Os Reis Magos levarán ilusión e festa a Láncara na tarde do 5 de xaneiro
A visita incluirá un encontro cos usuarios da Residencia A Veiga e unha gran celebración infantil no Polifuncional do Campo da Feira
A Biblioteca Basilio Losada acolle a presentación do libro 'Andares', de Luís Celeiro
A obra recompila artigos da sección xornalística Tía Manuela e será presentada o 2 de xaneiro con entrada libre
Láncara organiza un mercadiño de Nadal na antiga casa consistorial de Carracedo
A actividade incluirá postos de artesanía, contacontos, actuación musical de panxoliñas e chocolate con churrros
A dimisión de Tomé á fronte da Deputación será efectiva este venres e o PSOE provincial estará a cargo dunha xestora
Respecto das supostas denuncias mencionadas no programa de televisión, o PSdeG lucense insiste en que non recibiu confirmación oficial da súa existencia nin do seu contido
Láncara acollerá unha xornada de doazón de sangue na Pobra de San Xiao
A unidade móbil estará operativa o martes 16 de decembro, de 16.00 a 21.00 horas, na Praza dos Labregos
O Concello de Láncara promove un campamento de Nadal para nenos e nenas de 4 a 13 anos
A proposta ofrece unha actividade educativa, creativa e lúdica para facilitar a conciliación durante as vacacións de Nadal
A Deputación de Ourense entrega os galardóns da oitava edición do Premio Rodolfo Prada á xestión cultural
Xosé González Martínez “Pepe de Redondela”, o Festival Hércules Brass de Celanova e o Festival Internacional de Curtametraxes e Arte de Entrimo foron os gañadores desta edición
Trasliste acollerá a IV Xornada sobre as alternativas ao uso do petróleo nas aplicacións agrícolas
O Muvicla convoca o 10 de decembro a especialistas, gandeiros e profesionais para debater sobre novas fontes de enerxía aplicadas ao agro
Eventos
OcioenGalicia
Tributo al Rey León en Lugo
OcioenGalicia
Tributo a La Sirenita en Lugo
OcioenGalicia
Tributo Las Guerreras del K-Pop: El Musical
A Asociación Cultural Val de Láncara impulsa un taller de cerámica de Nadal
A iniciativa celebrarase o 30 de novembro na antiga escola do municipio
A XXIII edición do Premio Ramón Piñeiro Facer País reivindica a creación cultural galega en Láncara
A Asociación Cultural Val de Láncara homenaxeará á actriz María Vázquez nunha xornada que reunirá voces do ámbito artístico e institucional
Láncara saca a poxa pública seis vehículos e maquinaria municipal xa en desuso
A Xunta de Goberno aproba o inicio do proceso cun prezo base conxunto de 18.575 euros
Láncara proxecta 'Matria', protagonizada por María Vázquez
A actriz, recoñecida co Premio Ramón Piñeiro Facer País 2025, será homenaxeada este sábado cunha proxección na antiga escola do municipio
A Asociación Cultural Val de Láncara distingue a María Rodríguez Vázquez co Premio Ramón Piñeiro “Facer País”
A intérprete será homenaxeada o 29 de novembro nun acto que combinará memoria, cultura e recoñecemento ao legado galeguista
A Asociación de Veciños San Martiño de Río celebrou o Día Internacional das Reservas da Biosfera
O colectivo destaca a subvención recibida para poñer en valor o patrimonio cultural do Colexio de Río
Monseiro celebra o Magosto e Serán con música tradicional da man de Peleriños
A festa, o 8 de novembro, ofrecerá foliada aberta e degustación de castañas, pinchos, iscos e raxo






