Novas de Láncara
Láncara celebrará o seu magosto popular o 15 de novembro na Pobra de San Xiao
A xornada gastronómica terá lugar no polifuncional do campo da feira a partir das 14:00 horas e incluirá empanada, iscos, chourizos e castañas
Láncara organiza unha xornada sobre prevención e tratamento da violencia de xénero
A actividade celebrarase o xoves 22 de outubro, ás 17:00 horas, no antigo centro médico da Pobra de San Xiao
A ANPA Pícaros de Láncara presenta unha nova actividade extraescolar de música
A iniciativa, dirixida ao alumnado desde 6º de Educación Infantil ata 4º da ESO, darase a coñecer esta tarde, martes 29 de setembro, ás 16:30 horas no salón de actos do CPI Ramón Piñeiro
Láncara abre as inscricións nas Escolas Deportivas Municipais para o curso 2026/2027
A programación inclúe atletismo, fútbol sala, pádel e bádminton, con propostas para diferentes idades e o inicio das actividades previsto para o 13 de outubro
Láncara convida os máis pequenos a crear a súa propia historia nun obradoiro de ilustración
A actividade 'Debuxando un conto' celebrarase o 25 de setembro na Biblioteca Municipal e estará dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos
Láncara acollerá o 26 de setembro un obradoiro monográfico de cerámica para crear marcos artesanais
A actividade, organizada pola Asociación Cultural Val de Láncara, desenvolverase na Antiga Escola de Láncara de 10:30 a 13:30 horas e está aberta a todos os niveis
Láncara acollerá unha Olimpiada Tecnolóxica de Robótica Creativa para achegar a tecnoloxía aos máis novos
A actividade celebrarase o 11 de setembro na Biblioteca Municipal de Láncara e contará con prazas limitadas
Filomena Pérez Aira celebrou os seus 100 anos nas festas de San Ramón de Cedrón
A veciña de Cedrón, en Láncara, foi homenaxeada pola Asociación Veciñal e Cultural Santiago de Cedrón, organizadora das festas, cun ramo de rosas vermellas polo seu aniversario
O Muvicla acollerá a terceira edición de 'O Glamour é do máis rural' o 12 de setembro
A xornada reunirá en Trasliste conferencias, música, unha mesa redonda sobre o futuro do rural e unha degustación de produtos galegos
Pícaros reforza a conciliación en Láncara con madrugadores, ludoteca e novas actividades extraescolares
O curso escolar no CPI Ramón Piñeiro comezará o 9 de setembro e contará con 15 prazas por actividade, mentres a asociación prepara unha xornada de portas abertas
Xuntos con Cuba reclama ao alcalde de Láncara que manteña o busto de José Martí
A asociación galego-cubana defende o valor histórico e cultural do monumento e pide que a figura do político, escritor e pensador cubano quede fóra da confrontación partidista
Láncara lembra a Fidel Castro no centenario do seu nacemento cun acto na Casa Museo Ángel Castro
A xornada reuniu representantes institucionais e asociacións hispano-cubanas e incluíu o descubrimento dun busto dedicado a José Martí
A Pobra de San Xiao acollerá tres días de festas con Los Coleguitas, Punto Clave e o Puebla Futsal como pregoeiro
A programación de San Roque inclúe Entroido de verán, paellada popular, concertos, actividades infantís e actos relixiosos ata o luns 17 de agosto
A Pobra de San Xiao celebra este venres a Festa da Xuventude e da Troita con música, gastronomía e festa
A Praza dos Labradores acollerá unha degustación gratuíta de troita, a actuación da Charanga Unión Phenosa e os concertos de Gin Toni's e A Duendeneta
A Festa da Malla volverá recrear en Láncara os traballos tradicionais da colleita do trigo
A celebración, organizada pola Asociación Cultural Val de Láncara, contará con demostracións en vivo, artesanía, exposicións e unha comida popular
Láncara acollerá un obradoiro de elaboración de xabóns artesanais o vindeiro 23 de agosto
A actividade, organizada pola Asociación Cultural Val de Láncara coa colaboración do Concello, contará cun máximo de 15 prazas
A cerámica artesanal protagoniza en Láncara un novo obradoiro para todos os públicos
A actividade, organizada pola Asociación Cultural Val de Láncara coa colaboración do Concello, celebrarase este sábado na antiga escola
Eventos
A Deputación reforza a colaboración con Láncara con novos investimentos
A institución provincial achega máis de 360.000 euros para actuacións na rede viaria, os accesos ao polígono industrial e a contorna da praia fluvial da Pobra de San Xiao
A Asociación Veciñal e Cultural Santiago de Cedrón organiza unha excursión á praia de Miño
A saída terá lugar o 8 de agosto desde a cantina de Saa e as prazas son limitadas
San Xoán de Muro celebrará tres días de festas con música, comida veciñal e a tradicional Festa da Troita
A parroquia de Láncara honrará a San Xoán e á Virxe das Neves do 31 de xullo ao 2 de agosto con actuacións de Los Key, Punto Clave, DJ Cendoi e DJ Min
A Xunta adxudica por máis de 3,3 millóns de euros a mellora do firme nas estradas LU-633, LU-546 e LU-621
As obras, cun prazo de execución de seis meses, actuarán sobre máis de 63 quilómetros de vías autonómicas ao seu paso por dez concellos lucenses
As Festas de San Roque da Pobra de San Xiao continúan completando o seu cartel musical
A Asociación Gastronómica Cultural Patacas Novas organiza tres xornadas de celebración con pregón, pasarrúas, verbenas, actos relixiosos, festa da escuma, paellada popular e actuacións musicais
Piñeiro acusa ao PP de manipular a historia da estación de Moscán e esixe unha rectificación pública
O alcalde de Láncara sostén que a infraestrutura foi impulsada e posta en servizo por gobernos populares e reclama respecto para a veciñanza do rural
Láncara rende homenaxe á troita con tres xornadas gastronómicas este verán
A programación inclúe unha xornada nas parroquias o 31 de xullo e outra na Pobra de San Xiao o 14 de agosto, ademais dunha nova cita gastronómica o 4 de setembro










